Coordinadora estatal de apoyo a la Querella Argentina contra crímenes del franquismo

Plataforma Galega

Pontevedra, 6 de abril de 2019.- A Iniciativa Galega pola Memoria (IGM) celebrou este sábado en Pontevedra unha reunión para abordar, por un lado, a solicitude de inclusión na plataforma CeAqua de adhesión á querela arxentina, e por outro, a celebración anual en San Simón da homenaxe nacional ás vítimas do franquismo .
I.- ADHESIÓN Á QUERELA ARXENTINA
A petición de adhesión á querela arxentina acadou apoio unánime dos colectivos presentes. A efectos prácticos acordouse:
1.-Trasladar a todos os colectivos copia do manifesto internacional contra a impunidade dos crimes do franquismo (adxunto neste mail) para que sexa asinado polas agrupacións e persoas que o desexen. Podedes mandar a vosa adhesión ao mail da IGM, e nós farémolo chegar aos representantes de CeAqua, ou directamente a CeAque a través do seu web.
2.- Intentar recoller a maior información posíbel sobre as galegas e os galegos que sufrisen detención e/ou torturas durante o tardofranquismo, así como o nomes dos seus torturadores, ao obxecto de intentar facer unha Plataforma Galega de vítimas que se sume á querela arxentina. Na reunión propúxose contactar cos colectivos da Coruña e A Mariña -que xa están traballando neste eido- para que desde o primeiro se centralice a información sobre as persoas torturadas, e desde o segundo os datos sobre os torturadores, dado que ambas entidades teñen avanzado neste campo. De tódolos xeitos, tamén podedes utilizar o mail da IGM para aportar calquera dato que consideredes interesante e nós darémoslle traslado.
3.- Incluír na Plataforma Galega querelas de familiares das vítimas do 36. Chato Galante, membro de CeAqua, explicou no encontro previo a esta reunión que aínda que non é posíbel xulgar aos responsábeis, iniciar procesos xudiciais é un paso importante para intentar obter respaldo de tribunais internacionais, ademais de poder resultar útil para a apertura de foxas e outras medidas de reparación. Lembrouse que familias como a de Xosé Álvarez Cáccamo, presente na reunión, ou a familia Bóveda xa se sumaron no seu día á querela arxentina. E o desexábel sería incrementar o número de familias galegas demandantes.
4.- Celebrar en xuño en Pontevedra un Congreso contra a Impunidade, no que ademais dos colectivos, participen expertos en Dereito que poidan analizar as posíbeis vías para acabar coa impunidade, abordando asuntos como a modificación ou derrogación da lei de amnistía, o recurso aos tribunais xudiciais, ou a posibilidade de que concellos e outras administracións galegas se sumen á querela, como xa se fixo noutras zonas do Estado como Euskadi ou Cataluña.
5.- No encontro recoñeceuse que esta loita contra a impunidade é unha materia pendente na Galiza e por iso os colectivos apoiaron darlle pulo, dedicándolle á dita loita a homenaxe nacional ás vítimas que como cada ano se celebrará en San Simón. No encontro destacouse a necesidade de facer públicos tamén os nomes dos seus torturadores.
II- HOMENAXE NACIONAL EN MEMORIA DAS VÍTIMAS –SAN SIMÓN 2019
Os colectivos decidiron dedicar Á LOITA CONTRA A IMPUNIDADE o acto nacional. A previsión é realizalo o domingo 21 de xullo sempre que a Xunta de Galicia así o autorice.
A idea é que participen no mesmo membros de CeAqua así como galegos e galegas que sufriran represión nos últimos anos do franquismo.
O sistema de participación será igual que os últimos anos:
-As persoas que queiran participar deberán anotarse a través dun colectivo, nunca de xeito individual.
-Cada colectivo terá o mesmo número de prazas que o ano pasado. Prégase a quen teña prazas baleiras, que o comunique á organización.
-As persoas que viaxen no primeiro barco volverán no primeiro e así sucesivamente.
-Intentará limitarse a duración do acto central, deixando a lectura de poemas e intervencións similares para a estadía no peirao, igual que na edición anterior.
IGM-Pontevedra
06-04-2019

Te puede interesar:

  • No hay temas relacionados
Powered by WordPress | Designed by Elegant Themes